Comercio na vila

En Padrón SOMOS #comercio… Neste espazo descubrirás os lugares onde mercar na nosa vila, os servizos que ofrecen cada un dos establecementos, os seus horarios e outra información de interese.

Padrón conta cunha longa tradición de vila comercial como cabeceira de comarca. A día de hoxe os seus negocios combinan tradición e modernismo,  nos que podes mercar produtos clásicos de calidade en locais de confianza de toda a vida…e outros con produtos máis innovadores.

Contamos cun amplo abano de tendas infantís especializadas onde podes atopar de todo: xoguetes, roupa, zapatos, material escolar e didáctico… e tamén locais de ocio e de actividades. Un lugar perfecto para combinar compras e ocio!

No campo gastronómico destacamos os produtos gourmet que crean a #MarcaPadrón: pementos de Herbón, marmelada, confitura, bombóns, pemento en pó, queixo, doces, vermú, bitter, cervexa, licores, viño…

Comercio da vila

Non podemos esquecer a popular Praza de Abastos de Padrón onde a frescura dos produtos de tempada e de proximidade son os verdadeiros protagonistas dende ben cedo, todas as mañás.

E os domingos de mañá… temos o Mercado Dominical, un dos máis populares e concorridos de Galicia e tamén os establecementos comerciais abertos para mercar todo o que precisas.

En Padrón SOMOS #comercio #camiñoedestino 

Padrón Marketplace
Política de privacidade

Este sitio web emprega cookies para ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no navegador web e permite un correcto funcionamento do sitio web, así como facer un seguimento anónimo do uso do mesmo con fins estatísticos e para axudarnos a mellorar a información e contidos recollidos neste.

A efectos dos datos recollidos e o seu responsable poñemos a seguinte información a súa disposición

Responsable do tratamento: Concello de Padrón

Finalidades: Xestión das consultas recibidas desde a web e o análise das estatísticas das visitas web.

Lexitimación: O interese lexítimo de ambas as partes.

Destinatarios: Non se efectuará comunicación algunha a outras entidades, salvo consentimento expreso ou aquelas comunicacións que se producen por obrigación ou necesidade legal. Non se producen transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais que non ofrecen garantías adecuadas.

Dereitos: Tes dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos así como outros dereitos, como se explica na política de privacidade e protección de datos. Procedencia dos datos: Os datos proceden do interesado.